Inicio / Certificacións de orixe / Viños

Viños

A introdución da viticultura en Galicia data da época dos romanos e conta cunha longa tradición nas comarcas bañadas polos ríos Sil e Miño e nas Rías Baixas. O impulso á produción do viño materializouse a finais do século XX e a comezos do século XXI, cando se realizou unha aposta decidida pola calidade e o impulso dos controis de calidade mediante denominacións de orixe específicas.

Na actualidade, en Galicia hai case 10.000 hectáreas destinadas á produción vitivinícola, controladas por seis denominacións de orixe e que producen cerca de 50.000 toneladas de uva. En total, están rexistradas unhas 450 adegas e case 16.400 viticultores.

As variedades de uva son diversas. Nos viños tintos utilízanse mencía, merenzao, tempranillo, caíño, espadeiro loureiro, sousón, ferrón, brancellao, garnacha ou negreda. Nos viños brancos utilízanse as variedades dona branca, godello, treixadura, loureiro, albariño, caíño, torrontés, palomino, macabeo, lado ou albilla.

Denominacións de orixe de Galicia

Redes sociais

Multimedia