Inicio / Galicia Calidade / Que certificamos / Certificar a miña empresa

Requisitos para a concesión

Para obter a licenza de uso da marca Galicia Calidade hai que cumprir as seguintes fases:

  • Presentación das solicitudes.
  • Entrega da documentación en Galicia Calidade, S.A.U.: documentación básica do sistema de calidade da empresa así como do produto proposto.
  • Procedemento de concesión.
  • Auditorías e ensaios.
  • Proposta de concesión.
  • Concesión da marca.
Documentación básica

As empresas que soliciten o uso do selo de garantía deben presentar a seguinte documentación:

  • Escritura de constitución ou documento que acredite a súa personalidade.
  • NIF ou CIF.
  • Solvencia económica e financeira (balances, contas de explotación e contas anuais).
  • Certificación das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
  • Resumo anual do IVE.
  • Documento que acredite ter rexistrada ou protexida a marca para a que se solicita o selo Galicia Calidade.

Galicia Calidade, S.A.U. poderá solicitar calquera outra información que estime pertinente, tanto para a concesión inicial do dereito de uso da marca como con posterioridade. 

Formulario en liña para a concesión da licenza de uso da marca de garantía Galicia Calidade

Redes sociais

Multimedia