Inicio / Galicia Calidade / Quen somos / Estatutos

Estatutos

O Decreto 202/2010, do 25 de novembro, establece que Galicia Calidade, S.A.U. é unha sociedade anónima mercantil, con capital social integramente de titularidade pública, que ten entre os seus obxectivos e fins a xestión e a administración da marca Galicia Calidade. En concreto, debe:

  • Outorgar licenzas, para o que deberá exercer medidas de control eficaces sobre a natureza, a calidade e as características dos produtos certificados co selo Galicia Calidade.
  • Xestionar e administrar a marca Comercio Rural Galego.
  • Xestionar e administrar calquera outra marca relacionada coa calidade dos produtos e servizos galegos que lle poidan encomendar.

A sociedade ten a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración da Comunidade de Galicia e dos seus organismos autónomos.

O Consello de Administración está presidido pola persoa titular da Dirección Xeral da Administración autonómica con competencias en materia de comercio.

Estatutos da sociedade pública Galicia Calidade, S.A.U.

Redes sociais

Multimedia