Inicio / Galicia Calidade / Quen somos / Regulamento

Regulamento

O Regulamento de uso da marca de garantía Galicia Calidade, aprobado polo Consello de Administración, establece as condicións para empregar o distintivo gráfico que garante a calidade de determinados produtos e servizos que se xeran, elaboran ou transforman en Galicia. A entidade pública Galicia Calidade, S.A.U. é a titular da marca, tal e como figura rexistrada na Oficina Española de Patentes e Marcas, e é a responsable da súa xestión e administración.

Só poderán usar o selo como marca de garantía as persoas autorizadaspola sociedade xestora Galicia Calidade, S.A.U. sempre que cumpran os requisitos establecidos no Regulamento:

  • Solicitude, cos datos dos produtos que se desexan amparar e coa información relativa aos sistemas de calidade, infraestruturas e medidas de control para garantir a calidade deses produtos.
  • Implantación dun sistema de calidade que se adapte ás esixencias establecidas por Galicia Calidade.
  • Outorgamento da autorización, despois de verificar que se cumpren os requisitos establecidos no Regulamento e que o solicitante acepta as condicións para o seu uso.

O selo Galicia Calidade só se poderá utilizar de maneira accesoria e nunca como marca principal ou en substitución da marca do usuario. O seu tamaño non poderá ser igual nin superior ao do produto certificado e deberase colocar nun lugar pouco predominante para que non induza a confusión. Tampouco se poderán ceder total nin parcialmente os dereitos de uso da marca de garantía.

Medidas de control

Os produtos aos que se aplique a marca de garantía deberanse someter a un control externo por parte de Galicia Calidade,que se poderá realizar previamente, durante o proceso de concesión da marca ou con posterioridade á autorización, sen necesidade de establecer un prazo de aviso. Estas medidas de control poderán afectar os produtos ou os sistemas de xestión da calidade.

Ademais, as entidades ou persoas autorizadas a utilizar o selo de Galicia Calidade deberán conservar mostras dos produtos certificados e enviarllas ás entidades de control, así como facilitar o acceso do persoal da entidade xestora da marca ás súas instalacións. Tamén están obrigadas a establecer un sistema de xestión de calidade interno.

Regulamento de uso da marca de garantía Galicia Calidade

Redes sociais

Multimedia