Inicio / Galicia Calidade / Que certificamos / Vantaxes

Vantaxes

Contar co selo Galicia Calidade implica un conxunto de obrigas, pero tamén importantes beneficios para as empresas asociadas:

  1. Galicia Calidade é un selo de garantía de calidade certificada que só se outorga a aqueles produtos ou servizos que destacan polos seus atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero, e non a todos os produtos pola súa orixe.
  2. Os produtos e servizos amparados por Galicia Calidade pasan uns controis que non se limitan unicamente a garantir a súa orixe común, senón que tamén acreditan as características de calidade establecidas.
  3. O selo, nome e logotipo de Galicia Calidade son amplamente recoñecidos polos consumidores de toda España e valorados por estes de forma moi positiva.
  4. O constante investimento que desde Galicia Calidade se realiza para a promoción do noso selo e dos produtos amparados por este, serve para que o consumidor o coñeza e o recoñeza, o que beneficia directa e indirectamente a todos os produtos e servizos adheridos a el.
  5. Todas as accións promocionais están deseñadas co obxectivo de favorecer as empresas adheridas.
  6. As accións promocionais e os acordos no punto de venda supoñen unha grande oportunidade para que todas as empresas, independentemente do seu tamaño, dispoñan dunha promoción extra nestas canles.
  7. Galicia Calidade mantén unha destacada presenza nas feiras agroalimentarias, o que constitúe unha ocasión excelente para que as empresas poidan dar a coñecer os seus produtos e servizos no segmento profesional nacional e estranxeiro.
  8. Os nosos plans de acción tamén contemplan o consumidor, para que os produtos e servizos sexan constantes na súa compra, e prestan atención aos novos consumidores mediante a participación en campañas educativas e a través do deporte.
  9. Facilidade na tramitación do selo de calidade. A través de Internet pódese obter a información e resolver a solicitude máis axilmente e en menos tempo.

Redes sociais

Multimedia