Inicio / Certificacións de orixe

Certificacións de orixe

A Xunta de Galicia sempre buscou potenciar e protexer os produtos agroalimentarios impulsando a posta en marcha de selos de calidade diferenciada como as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas e outras figuras de protección da calidade establecidas pola normativa europea.

No ano 2005 entrou en vigor a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, que regula e impulsa a seguridade alimentaria e establece as obrigas dos operadores para garantir as calidades e a rastrexabilidade dos produtos. Tamén promove que a calidade dos alimentos producidos e comercializados no territorio da comunidade autónoma se consiga nun réxime de competencia leal.

Para iso, constituíuse tamén o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) para velar pola promoción e pola protección da calidade dos produtos acollidos ás distintas denominacións xeográficas ou a outras figuras de protección da calidade diferencial.

Na actualidade, en Galicia hai máis de 33 selos de calidade de orixe que garanten aos consumidores que os produtos certificados son de procedencia galega ou elaborados segundo os métodos tradicionais e a súa calidade está avalada polos controis externos que realizan os respectivos consellos reguladores.

En xullo de 2014, o Goberno galego aprobou converter a marca Galicia Calidade na imaxe global da economía galega, polo que os selos de certificación de orixe se integran nesta marca paraugas mediante a solicitude de adhesión de cada un dos produtos xa certificados polos respectivos consellos reguladores.

Os principais sectores certificados son:


Redes sociais

Multimedia