Inicio / Galicia Calidade / Quen somos / Órganos de goberno

Órganos de goberno

O goberno e administración da sociedade Galicia Calidade S.A.U. están encomendados aos seguintes órganos, coas facultades que lles atribúen os estatutos:

  • Xunta Xeral de Accionistas. Dada a condición de unipersonalidade, a representación corresponde á persoa titular do órgano directivo competente en materia de Patrimonio da Xunta de Galicia, ou en quen esta delegue.
  • O Consello de Administración. Está integrado por seis membros e forman parte del:
    • A persona titular da Dirección Xeral de Comercio
    • Unha persona representante por cada unha das consellerías con competencias en Comercio, Agricultura, Pesca e Facenda.
    • Un representante do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica).
    Os miembros do Consello de Administración exercen o cargo en tanto desempeñen as funcións que motivaron o seu nombramento.
  • A Presidencia. O cargo de presidente corresponde á persoa titular da Dirección Xeral con competencias de Comercio. Entre as súas atribucións figuran:
    • Asumir o goberno e inspección de todos os servizos da sociedade, vixiar a súa administración e o desenvolvemento das súas actividades sociais.
    • Proponer ao Consello de Administración o nomeamento da persoa que exercerá de director-xerente.
  • Director-xerente. Baixo a dependencia do Consello de Administración, dirixe a organización empresarial da sociedade e os seus negocios sociais.

Redes sociais

Multimedia