Inicio / Empresas asociadas / FEIRACO

FEIRACO

Contacto:
Feiraco
Pontemaceira S/N 
15864 - Ames (A Coruña)
Tlfno: +34 981 885 125

Feiraco foi fundada no ano 1969 co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento agrogandeiro dunha área xeográfica deprimida do interior de Galicia. A empresa xorde por iniciativa de 400 socios que, cun capital inicial de 2.400 euros, comezaron a comprar conxuntamente os cereais necesarios para alimentar o seu gando. Hoxe en día conta con 7.500 socios pertencentes a 30 concellos do contorno das instalacións centrais da cooperativa, situadas en Pontemaceira, Ames (A Coruña).

A actividade principal céntrase na recollida, envasado e comercialización de leite nas súas variedades clásicas (enteiro, semidesnatado e desnatado), leite Unicla e leite sen lactosa, batidos, natas, iogures fermentados despois da pasteurización, queixos... Outra actividade de grande importancia é a produción de pensos e fertilizantes

Ás actividades principais hai que lles sumar todas as áreas que redundan de forma directa no socio, como a de gasóleos, economato, coxeración, servizos técnicos de asesoramento en nutrición e reprodución, fiscal, laboral, seguros... 

Valor engadido

Na actualidade, a misión de Feiraco céntrase na creación de valor para o socio, porque o feito de pertencer á Cooperativa só ten sentido cando o valor engadido retorna ao socio a través dunha retribución das súas producións superiores ao mercado e dunha prestación de servizos diferenciables. 

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia