Inicio / Empresas asociadas / INGAPAN

INGAPAN

Contacto:
Grupo Ingapan
Polígono Industrial O Ceao, C/Agricultura 52-53
27003 - Lugo
Tlfno: (+34) 982 100 300 
e-mail: comercial@ingapan.com
www.ingapan.es
www.kentes.com 
Tienda on-line:
www.thecooksters.com

Grupo Ingapan é unha empresa familiar dedicada á fabricación de masas conxeladas, especializada en empanadas galegas, empanadillas, aperitivos, pans de orixe, pratos de quinta gama, bocadillos e pastelaría selecta.

Iniciou a súa actividade no ano 1959 cun pequeno obradoiro de pan situado no barrio de San Fiz, cuxa misión era satisfacer as necesidades dos seus clientes con produtos de gran calidade. Os seus produtos e a súa forma de traballar convencen os seus clientes, o que lle permitiu evolucionar e situarse como unha empresa punteira en España e con presenza en máis de 20 países.

A firma galega conta con varias marcas de importancia no mercado español, sobre as que destacan ChousaKentesKoama e Avoa, marcas de calidade contrastada que fabrican produtos únicos, artesáns e de indiscutible carácter galego.

A esixencia da empresa nos seus procesos de produción está avalada coa puntuación máis alta por selos como BRC, IFS e Aenor. No caso das marcas Chousa e Kentes, a maiores teñen a satisfacción de contar co selo de Galicia Calidade.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia