Inicio / Empresas asociadas / VILARVÍN

VILARVÍN

Contacto:
Adegas Vilarvin
Portela Nº:14, Vilar
36429 - Crecente (Pontevedra)
Tlfno: 986 666 344
Fax: 986 644 914

Adegas Vilarvín naceu a finais dos anos noventa co único propósito de elaborar un viño que se caracterice por ser persoal e varietal. Cunha produción non superior aos 400.000 litros, Valtea converteuse en pouco tempo nunha das grandes referencias da Denominación de Orixe Rías Baixas, recoñecida tanto no ámbito nacional como no internacional.

A práctica totalidade das cepas utilizadas para a elaboración dos nosos caldos proceden dos viñedos da propiedade. Trátase de 150.000 metros cadrados de Adegas Vilarvín e doutros 70.000 arrendados, cuxos solos están destinados integramente a uva albariña.

Albariño Valtea nace como resultado dunha vendima realizada con uvas en perfecto estado de maduración. O segredo da súa elaboración reside nas uvas das cepas vellas e nun esmerado coidado desde antes do nacemento do acio. O resultado é un monovarietal de albariño novo de potente e afroitado aroma; con matices florais, amplo en boca, carnoso e persistente, cun elegante e potente posgusto.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia