Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os xeados e sorbetes de froitas de La Central Heladera contan co certificado de garantía Galicia Calidade
21/07/2017.

Os xeados e sorbetes de froitas de La Central Heladera contan co certificado de garantía Galicia Calidade

La Central Heladera acaba de acadar o certificado de garantía para os xeados de crema e sorbetes de froita que elabora de forma tradicional con produtos autóctonos, de primeira calidade e de proximidade.

La Central Heladera acaba de acadar o certificado de garantía para os xeados de crema e sorbetes de froita que elabora de forma tradicional con produtos autóctonos, de primeira calidade e de proximidade.

O certificado Galicia Calidade garantiza que os produtos de La Central Heladera foron elaborados segundo o seu metódo propio de produción e con produtos de proximidade, leite de orixe galega e materias primas de máxima calidade, distinguíndose así de produtos industriais de naturaleza similar.

La Central Heladera considera que a obtención deste selo de garantía é a certificación do esforzo realizado pola empresa para poder ofrecer aos seus clientes produtos da máxima calidade. 

Ademáis, o certificado establece que as empresas colaboradoras e franquiciadas de La Central Heladera ofrecen xeados e sorbetes con todas as garantías aos seus clientes, xa que os produtos remítense dende a central aos establecementos e foron elaborados co sistema de calidade do método propio de fabricación.

Dende a súa apertura en 2015, La Central Heladera comezou unha expansión na cidade de Ourense que lle permitiu dispoñer xa de tres centros de distribución e unha nova franquicia en Pontevedra. Tamén serve a diversos establecementos de restauración.

Ademáis de xeados e sorbetes, ofrece gofres e crepes, unha aposta gastronómica que permitiu cubrir unhas carencias da cidade de Ourense, onde non había xeaderías con produtos de elaboración tradicional. 

Redes sociais

Multimedia