Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Alfonso Cabaleiro protagonista nas "Conversas no Parador" do Club de Prensa de Ferrol
15/03/2017.

Alfonso Cabaleiro protagonista nas "Conversas no Parador" do Club de Prensa de Ferrol

O director xerente impartiu unha conferencia sobre Galicia Calidade

O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro anunciou a elaboración dun Libro Branco no que entre outros temas, recollerase a achega ao PIB galego dos produtos e servizos amparados por Galicia Calidade. 

No transcurso das "Conversas no Parador" celebradas no Parador de Turismo de Ferrol, o director de Galicia Calidade informou ao numeroso público asistente,  da filosofía que impulsa o desenvolvemento da marca "Galicia Calidade", que ao longo de dúas décadas veu certificando a excelencia daqueles produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia , pola súa materia prima ou deseño galegos e pola súa calidade contrastada mediante unha serie de controis establecidos garanten procedencia e calidade.

Destacou Cabaleiro, que Galicia Calidade" é un selo que ao longo dos anos se convertiu nun emblema de prestixio e orgullo que identifica a un número crecente de empresas galegas".  Indicou tamén, que na actualidade Galicia Calidade certifica máis de 300 produtos pertencentes a 85 empresas galegas de diferentes sectores, como o do viño, o da alimentación, o téxtil, o avícola, as bebidas, os lácteos e a xoiaría. 

Internacionalización da marca Galicia Calidade

Tras a exposición da metodoloxía a seguir para que un produto ou unha empresa obteña o selo de "Galicia Calidade", Alfonso Cabaleiro respondeu a unha serie de preguntas sobre diversas cuestións relacionadas coa marca , efectuadas polo xornalistas e parte do público asistente, dando lugar a un animado coloquio. O Director xerente foi desvelando algúns retos expostos para levar adiante nesta lexislatura, entre os que destacou o da internacionalización da marca, para lograr unha maior penetración nos mercados internacionais dos produtos distinguidos coa mesma ou dalgúns que están en fase de certificación e que poderían supor  un gran avance,  como o desenvolvemento do sector da floricultura.

Incorporación de novas empresas
Anticipou tamén unha serie de acordos  co sector do turismo e o do granito que facilitará que as empresas galegas poidan introducirse en mercados internacionais  moi competitivos, colaborando desta forma ao seu desenvolvemento e crecemento , o que ten unha gran influencia na creación de postos de traballo.

 " Conversas non Parador" é unha das actividades que vén desenvolvendo mensualmente o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración do Parador de Turismo da localidade ferrolá, á que son convidadas relevantes personalidades procedentes de sectores de interese  socio-económico,  cultural  ou calquera outro de interese mediático,  que comparecen ante os diversos medios invitados e sectores de opinión interesados.  

Redes sociais

Multimedia