Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Chousa repartirá empanadas Galicia Calidade aos emigrantes galegos para quitarlles a morriña
22/06/2016.

Chousa repartirá empanadas Galicia Calidade aos emigrantes galegos para quitarlles a morriña

Chousa convida a sorprender a 50 emigrantes o Día de Galicia cunha empanada para cada un, que lle axude a quitarlle a morriña por estar ausentes ese día

Chousa, empresa do grupo Ingapan e certificada por Galicia Calidade, acaba de activar unha campaña coa que se propón paliar a morriña dos emigrantes galegos que se atopen fose da comunidade autónoma o Día de Galicia (25 de xullo) co envío de 50 empanadas aos lugares nos que se atopen.

A campaña, denominada Quítalle a morriña a un galego, pide a colaboración de amigos ou familiares daquelas persoas ás que se quere sorprender ese día coa empanada. O grupo lucense Ingapan creou unha plataforma web co nome da campaña, na que recollerán as solicitudes daquelas persoas que desexen sorprender a un amigo ou a un familiar cunha empanada, certificada por Galicia Calidade.

Para iso, deben encher un formulario na web quitalleamorriñaaungalego.com e seguir a Chousa en Facebook. Deben acompañar a petición cunha nota cunha mensaxe persoal e dúas fotografías. 

O criterio de selección dos 50 beneficiarios será atendendo ás razóns "máis divertidas, conmovedoras ou orixinais" que reciba Chousa, enviado pola persoa que queira dar a sorpresa ao emigrantes. O envío das 50 empanadas será gratuíto para os participantes, sen importar a cidade do mundo na que vivan.

Redes sociais

Multimedia