Inicio / NOVAS / Notas de prensa / El Corte Inglés servirá ovos campeiros de Coren en todos os seus restaurantes e cafeterías
03/11/2016.

El Corte Inglés servirá ovos campeiros de Coren en todos os seus restaurantes e cafeterías

El Corte Inglés utilizará para as elaboracións gastronómicas que se sirvan nos seus restaurantes e cafeterías ovos campeiros Coren, procedentes de galiñas criadas ao modo tradicional con saída libre e alimentadas a base de millo

El Corte Inglés  alcanzou un acordo coa cooperativa galega Coren mediante o cal todos os ovos que se utilicen para as elaboracións gastronómicas que se sirvan nos seus restaurantes e cafeterías da cadea comercial serán exclusivamente campeiros, procedentes de galiñas criadas ao modo tradicional con saída libre aos campos galegos e alimentadas a base de millo.

El Corte Inglés utilizou o pasado ano máis de 2,5 millóns de ovos nalgúns dos pratos e elaboracións que cada día ofrecen as súas 83 cafeterías, 41 restaurantes e 17 Rincones del Café. 

Na presentación que El Corte Inglés han participado a directora comercial de Ovos e Ovoproductos de Coren, Cristina Guardiola; o director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro; o recoñecido chef Pepe Solla; e o director de compras de hostalería de El Corte Inglés, Javier Cerro.

Con motivo do acordo, o prestixioso chef galego Pepe Solla, unha estrela Michelin e tres Soles Repsol, elaborou unha receita especial con ovos camperos de Coren que se servirá durante quince días nas cafeterías de El Corte Inglés. Trátase dunha receita composta por ovo  de curral, zorza (picado de carne de porco unha vez adobada con allo, pemento, sal e ourego) e pataca.

Pepe Solla explicou durante a súa intervención que os ovos campeiros de Coren foron os elixidos como os mellores nas dúas catas cegas que realizaron no seu restaurante para elixir o mellor ovo entre unha gran mostra.

Entre a proposta gastronómica que El Corte Inglés ofrece aos seus clientes figuran os ovos de curral con foie, con xamón ibérico, o seu famoso sándwich Corty, a súa fórmula chef de pechuga Villaroy, a ensalada César con ovo poché, ou os almorzos especiais. A partir de agora, todos eles estarán elaborados exclusivamente con ovos de curral.

Esta iniciativa responde ao compromiso de calidade que El Corte Inglés sempre mantivo. Neste sentido, é a única empresa nacional que decidiu que os ovos da súa marca propia El Corte Inglés sexan tamén procedentes de galiñas campeiras. Na actualidade, un terzo do seu lineal nesta categoría de produtos corresponde a ovos campeiros e ecolóxicos.

Ovos Galicia Calidade
Coren é líder nacional na produción de ovos camperos. En 2012, a cooperativa galega acordou a supresión da produción de ovos en gaiola, seguindo así as tendencias do mercado e en consonancia cun dos seus principais valores, o benestar animal. Desde entón, Coren produce exclusivamente ovos de curral, procedentes de galiñas criadas de modo tradicional, con saída libre aos campos galegos. A cooperativa alimentaria controla directamente todo o proceso de produción, desde a orixe das poñedeiras ata a chegada ao momento de venda, o que permite que os Ovos de Curral de Coren sexan da máxima calidade. Contan, ademais, co selo Galicia Calidade

Redes sociais

Multimedia