Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Estrella Galicia recupera definitivamente a receita orixinal de 1906
13/07/2017.

Estrella Galicia recupera definitivamente a receita orixinal de 1906

Tras o éxito alcanzado como Edición Limitada en 2016 para conmemorar  o 110 aniversario, a receita incorpórase de forma permanente á súa gama de produtos

Tras o éxito alcanzado co seu lanzamento como Edición Limitada en 2016 para conmemorar  o noso 110 aniversario, Estrella Galicia decidiu incorporar de forma definitiva a cervexa elaborada coa receita orixinal de 1906, a da primeira xeración da familia Rivera, á súa gama de produtos. 

La Estrella de Galicia recolle a esencia do traballo e tradición de cultura de cervexa acumulada nestes 111 anos de historia da compañía. Trátase dunha cervexa 100% malta, de estilo Pilsen con forte influencia da escola cervexeira alemá de finais do século XIX.

A paixón e dedicación que os mestres cervexeiros de Estrella Galicia demostraron entón coa elaboración desta cervexa tipo German Pils toma forma agora con este lanzamento que supón ademais unha mirada ao pasado co que se rende homenaxe á primeira xeración da familia Rivera e ao seu fundador, José María Rivera Corral.

Os mestres cervexeiros actuais de Estrella Galicia conseguiron recuperar a receita orixinal grazas a un labor de investigación da historia da marca e da documentación daqueles días. Ademais, para acompañar un produto cun significado tan especial creouse un deseño de etiquetas que respira ese aire vintage das primeiras botellas da casa, axuntando un aire vangardista co toque tradicional inherente ao produto.

"Recuperar La Estrella de Galicia e que forme parte da nosa gama de cervexas de forma permanente, grazas ao éxito da edición especial do 110 aniversario, significa que os nosos consumidores valoran a nosa tradición e saber facer cervexeiro, e que soubemos manter o espírito e a paixón durante todos estes anos".

La Estrella de Galicia estará dispoñible a partir desta semana no canle alimentación e hostalería, en pack de 6 botellas de 33cl.

Redes sociais

Multimedia