Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Señorío de Rubiós, Gargalo, Quenza e Nor-Iberica de Bebidas, premiados na Cata dos Viños de Galicia 2016
19/07/2016.

Señorío de Rubiós, Gargalo, Quenza e Nor-Iberica de Bebidas, premiados na Cata dos Viños de Galicia 2016

Os viños Galicia Calidade de Señorío de Rubiós e Gargalo e os licores Quenza e Nor-Ibérica de Bebidas, destacados na Cata dos Viños de Galicia 2016

Señorío de Rubiós conseguiu situar a dous dos seus viños brancos no palmarés dos premios da XXVIII edición da Cata dos Viños de Galicia, no apartado da D.O. Rías Baixas. O Señorío de Rubiós Albariño conseguiu o Acio de Ouro, mentres que o Señorío de Rubiós Condado quedou en sexto lugar, cun diploma.

Na Cata dos Viños de Galicia de 2016, que organiza a Xunta de Galicia en colaboración cos diferentes consellos reguladores de Galicia, tamén resultaron galardoados outros produtos certificados por Galicia Calidade, como o Godello Gargalo, de Adegas Gargalo, que conseguiu o sexto lugar e diploma no apartado de viños da D.O Monterrei.

Tamén destaca o Pote de Ouro, que obtivo o licor café de Quenza (Customdrimks) o Pote de Prata do licor de herbas Marqués de Marialva, de Nor-Ibérica de Bebidas.

Na presente edición da Cata dos Viños de Galicia participaron 201 marca de viños de 121 adegas, que foron avaliadas por doce expertos. O premio o mellor viño branco de Galicia correspondeu a Ramón do Casar (Ramón do Casar), da D.O Ribeiro. Como mellor tinto foi elixido Ladairo , Colección de Familia (Adegas Ladairo), da D.O. Monterrei.

No acto de entrega dos premios, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, subliñou que nun mercado tan competitivo como o vitivinícola, a "única forma de diferenciarse é con calidade". Así destacou a aposta da Administración autonómica pola "investigación para a mellora tecnolóxica da viticultura".

Colección de premios 

Señorío de Rubiós suma este galaradón ao logrado hai un mes, cando a Unión Española de Catadores premiou co Gran Baco de Ouro, Premio Luís Hidalgo ao Señorío de Rubiós Albariño como o mellor viño xoven de España.

Redes sociais

Multimedia