Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Vegalsa-Eroski exalta os produtos galegos cun showcooking de Galicia Calidade
12/07/2017.

Vegalsa-Eroski exalta os produtos galegos cun showcooking de Galicia Calidade

A empresa galega de distribución quere dar a coñecer os mellores productosde Galicia e incrmentar a súa presenza nos seus lineais

Vegalsa-Eroski inaugurou hoxe no hipermercado Eroski de Noia (A Coruña) a campaña de Promoción de Produtos Galegos con numerosas actividades promocionais, como un showcooking de Galicia Calidade e degustacións de provedores galegos co obxectivo de dar a coñecer os mellores produtos, nunha aposta máis de Vegalsa-Eroski pola produción local. 

Ademais, presentouse un folleto especial no que se destacan os produtos de Galicia e que, baixo o lema É bo que sexa de aquí, pon en valor a calidade, sabor e orixe da mellor selección dos produtos da terra.

Ao acto de presentación asistiron o alcalde de Noia, Santiago Freire; a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias da Xunta, Belén do Campo; o director xeral da compañía, Joaquín González; o director de Compras, Jorge Eiroa, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, ademais de provedores, clientes e asociacións da zona.

Durante a xornada, os asistentes ao hipermercado Eroski asistiron a un showcooking de Galicia Calidade, da man do chef Miguel Mosteiro do Restaurante Chicolino (Boiro). Tamén degustaron os mellores produtos, en colaboración coa IGP Tenreira Galega, a DOP Mexillón de Galicia, a DOP Pemento de Herbón, Anfaco, e as marcas Estrela Galicia, Pescanova, Coren,  Torre de Núñez, Granja Campomayor, Apetece e Hoxe. 

Aposta polos provedores galegos

Vegalsa-Eroski incrementa cada ano o seu compromiso cos provedores galegos. En 2016 a compañía destinou 270 millóns de euros a compras de provedores galegos, 10 millóns máis que en 2015, o que supón un aumento do 3,8%. Incrementar, por tanto, as compras a provedores de proximidade permitiu a Vegalsa conseguir que, na actualidade, preto do 31% dos produtos dos seus lineais sexan galegos, dándolles así maior protagonismo nas súas tendas. 

Un compromiso que se reflicte na campaña de promoción de produtos de Galicia Calidade que a compañía activou durante a primeira quincena de xuño e que permitiu aumentar un 8% a venda das 214 referencias coas que a compañía conta nos seus lineais durante o tempo que se mantivo activa respecto da mesma quincena do ano anterior. 

Redes sociais

Multimedia