Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Vegalsa-Eroski promocionará os produtos Galicia Calidade durante a primeira quincena de xuño en todos os seus establecementos
01/06/2017.

Vegalsa-Eroski promocionará os produtos Galicia Calidade durante a primeira quincena de xuño en todos os seus establecementos

A campaña de promoción de produtos Galicia Calidade contará con sorteos e diversos actos como cata de viños ou showcooking

Vegalsa-Eroski inaugurou a campaña de promoción dos produtos amparados polo selo Galicia Calidade, que se celebrará durante a primeira quincena do mes de xuño en todos nas súas insignias Eroski/Center, Híper Eroski, Autoservizos Familia, Eroski City e Cash Record e que contará con sorteos e diversos actos de promoción, como cata de viños e showcookings.

No acto de presentación, que se celebrou no Eroski Center de Teo,  participaron entre outros o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de Compras da compañía, Jorge Eiroa

Tamén estiveron presentes representantes das empresas provedores certificadas co selo Galicia Calidade como Estrela Galicia, Sadepor, Puleva, Coren, Feiraco, Paco&Lola, Terras de Asorei, Torre de Núñez, A Pementeira, Kiwi Atlántico, Customdrinks, HGA Adegas, Señorío de Rubiós, Vilarvin, Vinigalicia, NorIberica e Capsa.

Tras a presentación oficial da campaña celebrouse un showcooking no establecemento con produtos Galicia Calidade da man do cociñeiro Estrela Michelín Yayo Daporta, ademais de exhibición de corte de xamón co campión de España, José Míguez, e unha degustación de viños certificados a cargo da catadora Esther Daporta. 

27 provedores

Con esta iniciativa, Vegalsa-Eroski fai unha aposta firme polo sector agroalimentario galego, que implica aos produtos amparados por marcas de garantía como Galicia Calidade.  

Froito desta colaboración, a compañía traballa con 27 provedores e conta nos seus lineais con 214 referencias amparadas baixo este selo de garantía en categorías como viños, cervexas, augas, lácteos, ovos, conservas, carnes, embutidos, froitas e hortalizas,  cunha facturación no ano 2016 de 11,5 millóns de euros.

Os produtos certificados por Galicia Calidade aparecerán destacados nos lineais dos supermercados e hipermercados de Vegalsa-Eroski. Desde a compañía editarase tamén un folleto onde os produtos que conten co distintivo Galicia Calidade aparecerán diferenciados para contribuír así á súa promoción e posta en valor.

Sorteos e eventos

Ademais, durante os 15 días  que dura a acción, haberá eventos, agasallos e sorteos cos produtos amparados baixo esta marca. Así, os clientes de Vegalsa-Eroski que adquiran produtos certificados por Galicia Calidade poderán participar nun sorteo dunha noite nun establecemento hostaleiro con este selo de garantía, con almorzo incluído.

Ao acceder ao establecemento, aos clientes entrégaselles un folleto con información dos produtos e empresas certificadas e a programación de eventos e ao saír, se adquiriron produtos co selo de garantía, poderán participar no sorteo tras cubrir o folleto. Cada día sortéase unha noite de hotel e os gañadores poden elixir o establecemento certificado por Galicia Calidade que desexe, tras visitar a web galiciacalidadelecer.gal

Os eventos previstos son os seguintes.


  • 2 de xuño: Xantar Galicia Calidade co barista Óscar de Toro no Eroski Center de García Barbón (Vigo)
  • 3 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Pérez Cepeda (A Coruña)
  • 5 de xuño: Sorteos e agasallos no Hipermercado Eroski de Ribadeo
  • 6 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Mos e no Hipermercado Eroski de Ponteareas
  • 7 de xuño: Sorteos e agasallos no Hipermercado Eroski de Noia
  • 8 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Seixalbo (Ourense)
  • 9 de xuño: Sorteo e agasallos no Eroski Center Ribeira 
  • 10 de xuño: Showcooking con produtos certificados por Galicia Calidade da man de Benigno Campos, condutor do programa Larpeiros, na caseta de Vegalsa-Eroski no Salón Salimat-Feira de Silleda
  • 11 de xuño: Showcooking con produtos certificados por Galicia Calidade na caseta de Vegalsa-Eroski no Salón Salimat-Feira de Silleda
  • 12 de xuño: Sorteos e agasallos no Cash Record do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela)
  • 13 de xuño: Sorteos e agasallos no Cash Record de Cálea Ventura González (Vigo) e no Eroski Center de Vilalonga
  • 14 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Xinzo de Limia (Ourense)
  • 15 de xuño: Cata de viños certificados por Galicia Calidade coa enóloga Cristina Charanga no Cash Record do Polígono de Agrela (A Coruña)

Redes sociais

Multimedia