Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Via Romana presenta o primerio viño vegano certificado por Galicia Calidade
03/03/2017.

Via Romana presenta o primerio viño vegano certificado por Galicia Calidade

A adega lucense da Ribeira Sacra presentou onte o seu primeiro viño galego vegano certificado

A adega Vía Romana presentou o primeiro viño con certificado vegano de Galicia, un mencía da D.O. Ribeira Sacra, e certificado por Galicia Calidade. Na presentación, ademáis do director xeral da adega, Juan Luís Méndez Rojo, interviron Alfonso Cabaleiro, xerente de Galicia Calidade, Andrea Ripoll, responsábel de proxectos na Unión Vegetariana Española, así como o chef con Estrela Michelín, Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau no Grove, que realizou unha maridaxe das súas receitas gastronómicas co novo viño vegano. 

A presentación deste produto tivo lugar na Fundación Granell, en Santiago de Compostela. Andrea Ripoll, directora de proxectos da Unión Vexetariana Española, sinalou que "é fantástico que unha adega teña a sensibilidade como para facer un viño vegano, é dicir, sen produtos animais. Indica tamén un amor pola natureza e un servizo non só para os vexetarianos senón tamén para todas as persoas que padecen alerxias e ata agora non podían gozar do viño. É unha gran nova". 

O novo mencía vegano é froito da adega Vía Romana, que nos últimos anos se está distinguindo por unha ampla e ambiciosa transformación, que implica a construcción dun novo centro de distribución e envasado, potenciar o seu mercado nacional e internacional, así como aportar novos produtos, como é o caso do viño vegano, como exemplo pola innovación constante. 

O viño vegano Vía Romana

Vía Romana é unha adega familiar creada no 1940 que sempre se distinguiu pola calidade dos seus viños, ao empregar procesos como a poda en verda, a selección e a vendimia manual, ao tempo que cuidou a parte máis tradicional pero tamén introduciu as novidades tecnolóxicas no proceso, buscando sempre a innovación, como agora é o caso do primeiro viño vegano galego certificado, ademáis, co selo de Galicia Calidade. Para o novo viño empregáronse un clarificante vexetal, neste caso o guisante, e conseguiuse potenciar e respectar todas as características organolépticas do tradicional mencía de Vía romana. 


Redes sociais

Multimedia