Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade ofrece aos turistas un amplo abano de establecementos certificados para gozar da súa estancia en Galicia
20/03/2018.

Galicia Calidade ofrece aos turistas un amplo abano de establecementos certificados para gozar da súa estancia en Galicia

Neste caso, o selo de calidade conta co Grupo ‘Lecer’, no que están agrupados 42 establecementos (hoteis, restaurantes, aloxamentos rurais e portos naúticos) de toda Galicia que durante estas datas ofrecen aos seus clientes diversas ofertas e descontos, dando paso á nova tempada de cara ao verán

A só uns días do comezo das vacacións de Semana Santa, período no que se producirán millóns de desprazamentos e no que o turismo estará en pleno apoxeo, Galicia Calidade ofrece a todos aqueles que visiten a Comunidade Autónoma galega, un abano de posibilidades en canto a aloxamento ou restauración se refire.

Neste caso, o selo de calidade conta co Grupo ‘Lecer’, no que están agrupados 42 establecementos (hoteis, restaurantes, aloxamentos rurais e portos naúticos) de toda Galicia que durante estas datas ofrecen aos seus clientes diversas ofertas e descontos, dando paso á nova tempada de cara ao verán.

Neste sentido, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, afirma que “é fundamental que os turistas que visitan Galicia e que optan por aloxarse ou degustar a gastronomía galega nos establecementos certificados co selo de calidade vivan unha experiencia única, inigualable, que os anime a volver de novo á nosa comunidade”.

Ademais, hai tan só uns días lanzouse a edición de peto, en papel e en versión online, dun catálogo do Grupo Lecer, un formato moi práctico para que todo aquel que necesite información sobre os devanditos establecementos poida tela a man en calquera momento. Todos os interesados poden solicitala a través dunha mensaxe privada na páxina de Facebook de Galicia Calidade (envío por correo postal ata esgotar existencias) ou ben poden descargala desde a páxina web de www.galiciacalidadelecer.gal nun banner lateral dentro do apartado de “Campañas”.

Listado de establecementos


A CORUÑA:
• Asador Vacavella
• Bodeguilla de San lázaro
• Bodeguilla de Santa marta
• Hotel Blue Coruña
• Hotel Monumento Pazo do río
• Hotel Pazo de Altamira
• La Postreria
• Mesón A Cepa
• Curro da parra
• Rincón da Baiúca
• Restaurante Bido
• Restaurante Cantina río covés
• Restaurante Chicolino
• Restaurante El Refugio
• Restaurante Finisterrae Casa de los peces
• Restaurante Finisterrae La Torre

LUGO
• A Parada das Bestas
• Casa das Xacias
• Hotel Alfonso IX
• Hotel Ego-Restaurante Nito
• Restaurante A Mirandilla
• Restaurante España
• Restaurante O Grelo

OURENSE
• Bar Tamarindo
• Restaurante A Carballeira
• Restaurante A Taberna
• Restaurante El Coto
• Restaurante O Barazal -Pazo Almuzara

PONTEVEDRA
• Bar Berberecho
• Casa de Cacheiro
• Casa rural Abadía Eiras
• Casa Vixide
• Eirado da leña
• Hotel Augusta Spa Resort
• Hotel Bosque Mar
• Hotel Campomar
• Hotel Rotilio
• Hotel Spa Nanín Playa
• Porto Deportivo Xoán Carlos I
• Restaurante Carmen
• Restaurante Mardivino Asador
• Restaurante Yayo Daporta
• Talaso Hotel Louxo La Toja

Redes sociais

Multimedia