Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os produtos de Galicia Calidade presentes no Casino de Madrid da man de Luis Paadín e os viños de Monterrei
18/01/2018.

Os produtos de Galicia Calidade presentes no Casino de Madrid da man de Luis Paadín e os viños de Monterrei

Máis de 190 persoas degustaron os productos certificados por Galicia Calidade nunha cata dos viños de Monterrei oficiada polo prestixioso sumiller galego Luis Paadín

A última presentación da Denominación de Orixe Monterrei, realizada no Casino de Madrid, congregou a máis de 190 socios, catadores, representantes de medios de comunicación especializados. Ademais dos viños deste D.O., os asistentes poideron degustar os produtos certificados por Galicia Calidade das empresas Luís Escurís Batalla e Quesos Feijoo. 

Ao longo de máis de catro horas, os presentes nesta acción promocional formaron parte dunha viaxe polos milenarios lagares rupestres e historia desta comarca vitivinícola. Ademais coñeceron as peculiaridades da mesma, sobre todo no referente a climatoloxía e chans, sen esquecer por suposto as diferentes variedades de uva que nela se producen e a tipoloxía de viños existentes na denominación.

Doutra banda, durante esta iniciativa os asistentes tamén puideron realizar un percorrido visual e sensorial, de cheiros e sabores, polos brancos e tintos elaborados por todas as adegas embotelladoras do D.O. Monterrei. Todos eles acompañados, por primeira vez, de produtos amparados polo selo Galicia Calidade, reafirmando así a aposta pola excelencia.

Na devandita acción promocional, celebrada por primeira vez no Casino de Madrid, participaron Ana Alonso de Letamendía (Real Academia de Gastronomía e representante da Commanderie de Bordeus en Madrid), Jesús Flores (director da aula Española do Viño), Javier Jaime Gila García (presidente da Asociación Madrileña de Catadoras), Manuel Ubago Fernández (responsable de formación da Asociación Madrileña de Catadoras), Joaquín Ruibérriz de Torres e Navarro-Pingarrón (presidente da Academia da Tapa de Madrid), Francisco Rivero (gabinete de prensa de Turespaña), José Manuel Vermello (director de 5 Rosas Gourmet), Ana Belén Toribio Ferreiro (editora e catadora de Gastro e Style) ou Visi González Ramos (directora de Leisure & Markets), entre outros.

"Esta acción asentouse nos nosos preceptos fundamentais de promoción: promoción do territorio, reforzo da marca Monterrei, e continuar impulsando o consumo dos nosos brancos e tintos", indica a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

 Sobre a D.O Monterrei

A de Monterrei é unha do cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 26 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos deste D.O ocupan un total de 566 hectáreas de territorio nas que traballan 426 viticultores. 

Redes sociais

Multimedia