A xerente da marca de garantía da Xunta de Galicia asistirá ao festival para apoiar a visibilidade das empresas co selo de garantía
Galicia Calidade volve estar presente en O Son do Camiño, un dos grandes eventos musicais de Europa, que cada mes de xuño transforma Santiago de Compostela nun referente da música en directo. A marca aproveita esta cita para poñer en valor a calidade e diversidade dos produtos galegos con selo de garantía.
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asiste ao festival, onde a marca conta cun espazo no que se desenvolverán degustacións de produtos certificados: queixos con Salomé Beiroa (18:00–19:30h), conservas e produtos do mar con André Arzúa (19:30–21:00h), e xamón e sobremesas doces (21:00–22:30h). O xoves 12, ás 21:00h, Manuel García, chef do restaurante Retiro da Costiña (Santa Comba), distinguido con dúas Estrelas Michelin, elaborou uns bocadillos especiais para os asistentes. Ademais, o espazo contará cun corner de viños con Viña Costeira o xoves, e Méndez Rojo (Via Romana) o venres e sábado.
Participan empresas co selo Galicia Calidade como Rosa de los Vientos, Mariscos Alumar, Tartas La Abuela, Tahona de Melide, Torre de Núñez, Asoporcel, Quescrem, Pazo de Anzuxao, Pazo do Queixo, Queixería Barral, Casleiras, Daniberto, Santo André, Quesos Feijoo, Cabo de Peñas, Jealsa, Conservas Cortizo, Lago Paganini, Merluza de Celeiro, Estrella Galicia, Viña Costeira, Via Romana (Méndez Rojo) e Terriña Adegas e Viñedos.