Mediante o Decreto 382/1994, del 15 de diciembre, a Xunta de Galicia creou a sociedade mercantil Galicia Calidade, S.A.U., para xestionar e autorizar o uso da marca rexistrada Galicia Calidade a todos aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego teñan acreditado o uso desta, despois de declarada a súa calidade a través dos correspondentes mecanismos de control e auditoría.
A NOSA HISTORIA
A marca Galicia Calidade xurdiu despois da plena identificación da Administración, as empresas e a sociedade co slogan dunha campaña publicitaria desenvolvida en 1991 pola Xunta de Galicia. En 1995, o Goberno galego constituíu a empresa pública, tras a aprobación do Decreto 382/1994.
Dende entón, a empresa pública certificou a calidade de máis de 170 empresas e 850 produtos dos sectores máis representativos da economía galega, como os de téxtil-moda, xoiaría, pedras ornamentais, turismo, agroalimentación e pesca, entre outros.
En xullo de 2014, o Consello da Xunta de Galicia acordou converter o selo Galicia Calidade na marca paraugas da economía galega para impulsar a súa competitividade nos mercados exteriores. Deste xeito, outorga novos criterios para que os produtos xa certificados por outros selos de orixe poidan utilizar o emblema de Galicia Calidade.
REGULAMENTO
O Regulamento de uso da marca de garantía Galicia Calidade, aprobado polo Consello de Administración, establece as condicións para empregar o distintivo gráfico que garante a calidade de determinados produtos e servizos que se xeran, elaboran ou transforman en Galicia. A entidade pública Galicia Calidade, S.A.U. é a titular da marca, tal e como figura rexistrada na Oficina Española de Patentes e Marcas, e é a responsable da súa xestión e administración.
ÓRGANOS DE XESTIÓN
Galicia Calidade, S.A.U. está participada integramente pola Administración galega e está adscrita, exercendo a súa tutela funcional á Axencia de Turismo de Galicia ou ao departamento ou ente que, en substitución daquela, asuma as competencias en materia de Turismo. Os seus órganos de xestión están formados por:
- Consello de Administración, integrado polo director da Axencia de Turismo de Galicia; unha persoa por cada unha das áreas competenciais de Economía, Medio Rural, Mar e Facenda, designados polos titulares das respectivas consellerías; un representante da Axencia de Turismo de Galicia; e o responsable de executar a política da Xunta en materia de medios de comunicación e audiovisuais.
- PRESIDENTE
Don José Manuel Merelles Remy
VOGAIS
Don Martín Alemparte Vidal
Don Augusto Álvarez-Borrás Massó
Don Manuel Vidal Martín
Don Antonio Basanta Fernández
Don Pedro Francisco Rojo Otero
Don José Antonio Casas Calviño
SECRETARIO
Don José María Pita Ponte - Presidente, que é a persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia e a que se encarga, entre outras funcións, de asumir o goberno da sociedade.
- Directora xerente, que ten entre as súas funcións dirixir a organización empresarial da compañía e os seus negocios sociais.
ESTATUTOS
O Consello da Xunta aprobou o 29 de xullo de 2024 a modificación dos Estatutos de Galicia Calidade S.A.U., que establecen que Galicia Calidade é unha sociedade anónima mercantil, de capital social integramente de titularidade pública que ten entre os seus obxectivos e fins a xestión e administración da marca Galicia Calidade. En concreto, debe:
- Outorgar licenzas, exercendo medidas de control eficaces sobre a natureza, calidade e características dos produtos certificados co selo Galicia Calidade.
- A xestión e administración de calquera outra marca relaciona coa calidade dos produtos e servizos galegos que se lles poida encomendar.
- Calquera tipo de acción ou actividade de comunicación, promoción de calquera tipo, publicitarias, reputación corporativa, patrocinio, participación en feiras, actos, actos institucionais ou de representación institucional, de maneira illada ou en colaboración con calquera outra empresa, persoa ou entidade pública ou privada.
A sociedade ten a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración da Comunidade de Galicia e dos seus organismos autónomos.
O Consello de Administración está presidido pola persoa titular da Dirección Xeral da Administración autonómica con competencias en materia de comercio.