La gerente del organismo dependiente de la Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, les entregó el certificado a los responsables de la compañía, que produce huevos camperos

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe en Palas de Rei (Lugo) a empresa Ecocentro, para facer entrega aos responsables da compañía da certificación que acredita a posesión do selo de garantía para os seus produtos.
A responsable do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación sinalou que este certificado lles permitirá incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.
Ecocentro, con máis de 30 anos de traxectoria, produce ovos campeiros ao estilo tradicional, que comercializa baixo a marca el Huevo de la Abuela. Nesta xuntanza a responsable de Galicia Calidade destacou o "compromiso coa sustentabilidade" desta compañía, que dispón dun centro de clasificación propio cos máis modernos sistemas de control de calidade, utiliza enerxías renovables e evita empregar plásticos nos seus procesos.
Neste centro envasan máis de 6 millóns de ducias de ovo ao ano. Producen 60.000 ducias semanais de ovo campeiro e 7.000 ducias semanais de ovo ecolóxico, aínda que o seu centro ten capacidade de envasado de 420.000 ducias semanais para ampliacións previstas de produción que xa teñen en proxecto.