Galicia Calidade reafirma o seu apoio ao talento e á creatividade galega na presentación dos Premios Paraugas 2025

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou na presentación da nova edición dos galardóns, que celebrarán o seu décimo aniversario o 21 de novembro en Ferrol

 

Galicia Calidade
Presentación Premios Paraugas

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou hoxe na presentación da décima edición dos Premios Paraugas, o principal recoñecemento profesional do sector. Os galardóns regresan este ano a Ferrol, onde se celebrará a gala do seu décimo aniversario o 21 de novembro, no Teatro Jofre.

Durante o acto, Ana Méndez salientou “a importancia de apoiar un evento desde Turismo de Galicia en xeral, e Galicia Calidade en particular, que visibiliza o talento e a creatividade galega e que contribúe a fortalecer a imaxe da comunidade como territorio innovador e referente en calidade”.

A colaboración con estes premios responde ao compromiso da marca coa promoción do talento e da innovación como motores de desenvolvemento económico e social. Como novidade, introdúcese o Premio Especial Galicia Calidade, co que se distinguirá ao anunciante, axencia ou proxecto revelación que mellor reflicta a excelencia e a creatividade galega con proxección exterior.

Ademais, a marca de garantía contará cunha presenza durante a gala a través da proxección dun vídeo institucional e na entrega do galardón, reforzando a conexión entre a comunicación, a calidade e a identidade galega. 

instagram facebook twitter youtube