Inicio / Empresas asociadas / VIA ROMANA

VIA ROMANA

Contacto:
Vía Romana, Adegas e Viñedos
A Ermida - Belesar s/n
27500 - Chantada (Lugo) 
Tfno: +34 982 454 005 - 982 462 069
Fax: +34 982 454 094 
e-mail: viaromana@viaromana.es 
Vía Romana, Adegas e Viñedos é unha adega situada no corazón da Ribeira Sacra, nunha casa solariega do Século XVI, nas escarpadas ladeiras das ribeiras do río Miño. Desde a súa creación, no ano 1998, priorizou a calidade á cantidade, seguindo os métodos tradicionais de coidado da viña e a vinificación da uva, sen renunciar aos avances tecnolóxicos de produción.

A adega posúe 14 hectáreas de viñedo propio en formación de espaldera, con ata 60 anos de antigüidade, nuns bancales cunha inclinación do 75%,  o que constitúe un exemplo de viticultura heroica. O chan é franco arenoso, cunha altitude media de 350 metros, con orientación sueste do viñedo. O microclima é de tendencias mediterráneas, de boas temperaturas e pouca humidade.

Via Romana aposta polos viños da variedade de mencía e realiza a crianza en barricas de carballo francés. A poda faise en verde, para reducir a cantidade de produción das cepas pero para optimizar o resultado final. O coidado da vide e a vendima realízanse con métodos integramente manuais.
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia