Inicio / NOVAS
23/05/2018. Viños Galicia Calidade

Galicia Calidade promocionará a gastronomía galega e os produtos certificados no festival de Cans

Kike Piñeiro e Óscar de Toro levarán os mellores produtos galegos, certificados por Galicia Calidade, ao público asistente do Festival de Cans
23/04/2018. Galicia Calidade Institucional

A Xunta celebrará en Madrid a segunda edición do ‘Pop up Galicia, saberes e sabores’ para presentar os mellores produtos da artesanía e gastronomía galega

Artesanía de Galicia regresa ao Palacio de Santa Bárbara entre o 25 de maio e o 3 de xuño nun evento no que compartirá espazo con produtos gastronómicos exclusivos, talleres abertos para familias e showcookings con cociñeiros galegos do grupo Nove
20/04/2018. Galicia Calidade Institucional

A Xunta contribúe a impulsar a xeotermia galega cun acordo para incluír este sector na marca Galicia Calidade

A inclusión da xeotermia galega en Galicia Calidade, que conta con máis de 350 produtos certificados, permitirá ás empresas e instalacións do sector contar cunha garantía que acreditará unha adecuada comercialización e rigorosa instalación de servizos, así como a súa calidade e fiabilidade
27/03/2018. Galicia Calidade Institucional

Aguas de Mondariz celebra o seu 145 aniversario presentando unha edición limitada en colaboración con Sargadelos

A marca presentou unha botella de edición limitada deseñada por Sargadelos y entregou os primeiros premios Personalidades Aguas de Mondariz
20/03/2018.

Galicia Calidade ofrece aos turistas un amplo abano de establecementos certificados para gozar da súa estancia en Galicia

Neste caso, o selo de calidade conta co Grupo ‘Lecer’, no que están agrupados 42 establecementos (hoteis, restaurantes, aloxamentos rurais e portos naúticos) de toda Galicia que durante estas datas ofrecen aos seus clientes diversas ofertas e descontos, dando paso á nova tempada de cara ao verán
08/03/2018. Galicia Calidade Viños

Produtos de Galicia Calidade regados cos viños de Monterrei

Case 200 persoas gozaron hoxe dunha cata de viños da D.O. Monterrei acompañada dos produtos certificados por Galicia Caldiade na Aula Servino do prestixioso sumiller galego Luis Paadin na Coruña
18/01/2018. Viños Galicia Calidade

Os produtos de Galicia Calidade presentes no Casino de Madrid da man de Luis Paadín e os viños de Monterrei

Máis de 190 persoas degustaron os productos certificados por Galicia Calidade nunha cata dos viños de Monterrei oficiada polo prestixioso sumiller galego Luis Paadín
17/10/2017. Galicia Calidade Institucional

Galicia Calidade certifica os produtos da empresa coruñesa Cerámica Verea

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salienta nunha visita a Cerámica Verea con motivo do seu 50º aniversario que esta é un exemplo dunha empresa que innova, que exporta e que emprende a partes iguais
25/09/2017. Institucional Galicia Calidade

Conde salienta que Galicia Calidade pon en valor a oferta turística da Comunidade distinguindo “o que nos fai diferentes”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na entrega de diplomas aos primeiros 44 establecementos turísticos galegos que contan xa con este selo ao abeiro do acordo co Clúster do sector

Redes sociais

Multimedia