Nor-Ibérica de bebidas nace en maio do 2004. Están situados na provincia de Ourense, onde elaboran as súas augardentes de forma totalmente artesanal, sempre controladas polo Consello Regulador, o que lles permite comercializar un produto de máxima calidade e de recoñecemento internacional. Comercializan augardente de herbas, licor café e augardente branca.
SOSTIBILIDADE
Un dos principais valores desta empresa familiar é a de elaborar produtos de calidade exclusivamente con produtos de proximidade e de forma totalmente artesanal, respectando os valores do licor tradicional de Galicia.
Augardente I.X.P. “Augardente de Galicia”
- Felipe Saavedra e Marqués de Marialva
Augardente de herbas I.X.P. “Augardente de Herbas de Galicia”
- Felipe Saavedra
Licor Café I.X.P. “Licor Café de Galicia”
- Felipe Saavedra e Marqués de Marialva
Licor de herbas “Licor de herbas de Galicia”
- Felipe Saavedra e Marqués de Marialva