A Quesería Santo André nace a raiz da transformación que o seu propietario, Carlos Reija, realiza na súa explotación gandeira no ano 2010. Aproveitando que a súa localización xeográfica está dentro da denominación de orixe Cebreiro realiza un investimento para converter a corte dos tenreiros nunha queixería ata que finalmente, no ano 2015 abandona completamente a produción láctea para centrarse na elaboración de queixos.
SOSTIBILIDADE
A Queixería Santo André segue a fórmula medieval dos antigos queixos de Cebreiro, cuxa elaboración case se extinguira nas últimas décadas. Na súa receita e modo de elaboración conxúganse tradición e sostibilidade. Elabórase de forma artesanal con leite enteiro de vacas criadas e alimentadas nos campos de Castroverde. É un tipo de queixo completamente natural, sen ningún tipo de conservante nin aditivo e elaborado con leite de proximidade e da máxima calidade.
- Queso D.O.P Cebreiro Santo André
- Queso D.O.P Cebreiro Santo André Madurado