Galicia Calidade certifica xa os produtos da empresa de Silleda Avipor

.

Galicia Calidade
institucional
Entrega certificado Avipor Silleda

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe as instalacións da empresa Avipor Silleda para entregarlle o certificado de uso da marca de garantía da Xunta de Galicia, que lle permitirá empregalo nas diferentes accións para a súa promoción comercial, así como incluír a nova sinalización na súa fachada.

Nesta xuntanza, a responsable de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, detallou que a posesión do selo de garantía permitirá á empresa engadir o distintivo nos seus produtos. Neste sentido, Ana Méndez destacou o "compromiso de dar un servizo de calidade ao consumidor de principio a fin", e sempre baixo un control e xestión marcado pola experiencia lograda ao longo dos anos.

Avipor Silleda é unha empresa familiar con máis de 55 anos de experiencia e cunha traxectoria especializada nos sectores porcino e avícola. No caso do sector avícola está especializada na comercialización de ovos de galiñas campeiras.

instagram facebook twitter youtube