La gerente del organismo dependiente de la Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, se reunió hoy con los responsables de la compañía.
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da adega Terriña nas súas instalacións de Petín (Ourense), para facerlles entrega da certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, con validez para os próximos trinta anos, que permitirá á empresa incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.
Terriña, pertencente á familia bodegueira Méndez-Rojo, está formada por 25 hectáreas de viñedo, e figura como unha das adegas máis antigas da denominación de orixe Valdeorras. A responsable de Galicia Calidade destacou o "compromiso coa calidade dos viños" desta compañía, un dos valores fundamentais de Terriña, onde prestan atención á selección das materias primas, aos procesos de xestión, atención ao cliente, mecanismos de control e responsabilidade ambiental e corporativa.