Rueda destaca a gastronomía como o gran elemento diferencial do turismo na comunidade e sitúa a "Galicia Calidade" como a gran marca de país

Agradece a “confianza” de Canarias ao elixir á comunidade galega para estrear a figura de “destino invitado” na feira, na que participan máis de 25 empresas da terra

 

Galicia Calidade
Gastrocanarias
Stand Galicia Calidade en Gastrocanarias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a gastronomía como o gran elemento diferencial e estratéxico da oferta turística e da identidade de Galicia.

Así o sinalou durante no 11º Salón Gastronómico de Canarias-GastroCanarias 2026, onde Galicia participa como o primeiro “destino invitado" da historia do certame. Neste sentido, Rueda sinalou o feito como “unha honra” e agradeceu aos organizadores a confianza depositada para inaugurar esta nova etapa do salón gastronómico, un feito que serve para estreitar lazos entre dous territorios unidos por unha mesma esencia: o carácter atlántico.

O evento, que comezou o pasado día 19 e rematará hoxe, contou coa presenza de máis de 25 empresas certificadas por Galicia Calidade que se aglutinaron nun expositor de 60 metros cadrados para ofrecer degustacións e catas durante as tres xornadas. Así, subliñou o orgullo de contar no Recinto Ferial de Tenerife cunha importante representación do tecido empresarial galego, cuxo traballo e ilusión son o verdadeiro selo de garantía da marca Galicia.

Rueda explicou que o Goberno galego está a relanzar o selo Galicia Calidade para convertelo nunha auténtica "marca de país" que vaia máis alá dunha etiqueta de excelencia gastronómica. “Sabemos que a calidade, ademais de ser un bonito eslogan, hai que demostrala para que os visitantes a crean, a practiquen e a difundan”.

Sinalando a Canarias como “un referente en materia de turismo”, Alfonso Rueda destacou o “desenvolvemento turístico moi notable e o crecemento sostido e con sentidiño” que experimentou Galicia nos últimos anos –case 9 millóns de turistas o pasado ano–, incidindo en que a gastronomía fideliza aos visitantes.

instagram facebook twitter youtube