Quen somos

Fondo de paxina
Quen somos
25 anos de Galicia Calidade

Mediante o Decreto 382/1994, del 15 de diciembre, a Xunta de Galicia creou a sociedade mercantil Galicia Calidade, S.A.U., para xestionar e autorizar o uso da marca rexistrada Galicia Calidade a todos aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego teñan acreditado o uso desta, despois de declarada a súa calidade a través dos correspondentes mecanismos de control e auditoría.

A NOSA HISTORIA

Galicia Calidade
  1. A marca Galicia Calidade xurdiu despois da plena identificación da Administración, as empresas e a sociedade co slogan dunha campaña publicitaria desenvolvida en 1991 pola Xunta de Galicia. En 1995, o Goberno galego constituíu a empresa pública, tras a aprobación do Decreto 382/1994.

  2. Dende entón, a empresa pública certificou a calidade de máis de 120 empresas e 400 produtos dos sectores máis representativos da economía galega, como os de téxtil-moda, xoiaría, pedras ornamentais, turismo, agroalimentación e pesca, entre outros.

  3. En xullo de 2014, o Consello da Xunta de Galicia acordou converter o selo Galicia Calidade na marca paraugas da economía galega para impulsar a súa competitividade nos mercados exteriores. Deste xeito, outorga novos criterios para que os produtos xa certificados por outros selos de orixe poidan utilizar o emblema de Galicia Calidade.

REGULAMENTO

O Regulamento de uso da marca de garantía Galicia Calidade, aprobado polo Consello de Administración, establece as condicións para empregar o distintivo gráfico que garante a calidade de determinados produtos e servizos que se xeran, elaboran ou transforman en Galicia. A entidade pública Galicia Calidade, S.A.U. é a titular da marca, tal e como figura rexistrada na Oficina Española de Patentes e Marcas, e é a responsable da súa xestión e administración.

ÓRGANOS DE XESTIÓN

Galicia Calidade, S.A.U. está participada integramente pola Administración galega e está adscrita á consellería con competencias en comercio. Os seus órganos de xestión están formados por::

  • Consello de Administración, integrado por representantes das consellerías con competencias en comercio, agricultura, pesca e facenda. Tamén conta cun representante do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica).
  • PRESIDENTE  
    Don Manuel Heredia Pérez  

    VOGAIS  
    Don José Luis Cabarcos Corral 
    Don Augusto Álvarez-Borrás Massó  
    Don Manuel Vidal Martín  
    Dona Marta Villaverde Acuña  
    Dona Silvia Valdés Díaz de Freijo  

    SECRETARIO  
    Don José María Pita Ponte
  • Presidente, que é a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e a que se encarga, entre outras funcións, de asumir o goberno da sociedade.
  • Director xerente, que ten entre as súas funcións dirixir a organización empresarial da compañía e os seus negocios sociais.

ESTATUTOS

O Decreto 202/2010, do 25 de novembro, establece que Galicia Calidade, S.A.U. é unha sociedade anónima mercantil, con capital social integramente de titularidade pública, que ten entre os seus obxectivos e fins a xestión e a administración da marca Galicia Calidade. En concreto, debe:

  • Outorgar licenzas, para o que deberá exercer medidas de control eficaces sobre a natureza, a calidade e as características dos produtos certificados co selo Galicia Calidade.
  • Xestionar e administrar a marca Comercio Rural Galego.
  • Xestionar e administrar calquera outra marca relacionada coa calidade dos produtos e servizos galegos que lle poidan encomendar.

A sociedade ten a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración da Comunidade de Galicia e dos seus organismos autónomos.      

O Consello de Administración está presidido pola persoa titular da Dirección Xeral da Administración autonómica con competencias en materia de comercio.

instagram facebook twitter youtube