Vantaxes

Fondo de paxina

Contar co selo Galicia Calidade implica un conxunto de obrigas, pero tamén importantes beneficios para as empresas asociadas:

  • Galicia Calidade é un selo de garantía de calidade certificada que só se outorga a aqueles produtos ou servizos que destacan polos seus atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero, e non a todos os produtos pola súa orixe.
  • Os produtos e servizos amparados por Galicia Calidade pasan uns controis que non se limitan unicamente a garantir a súa orixe común, senón que tamén acreditan as características de calidade establecidas.
  • O selo, nome e logotipo de Galicia Calidade son amplamente recoñecidos polos consumidores de toda España e valorados por estes de forma moi positiva.
  • O constante investimento que desde Galicia Calidade se realiza para a promoción do noso selo e dos produtos amparados por este, serve para que o consumidor o coñeza e o recoñeza, o que beneficia directa e indirectamente a todos os produtos e servizos adheridos a el.
  • Todas as accións promocionais están deseñadas co obxectivo de favorecer as empresas adheridas.
  • As accións promocionais e os acordos no punto de venda supoñen unha grande oportunidade para que todas as empresas, independentemente do seu tamaño, dispoñan dunha promoción extra nestas canles.
  • Galicia Calidade mantén unha destacada presenza nas feiras agroalimentarias, o que constitúe unha ocasión excelente para que as empresas poidan dar a coñecer os seus produtos e servizos no segmento profesional nacional e estranxeiro.
  • Os nosos plans de acción tamén contemplan o consumidor, para que os produtos e servizos sexan constantes na súa compra, e prestan atención aos novos consumidores mediante a participación en campañas educativas e a través do deporte.
  • Facilidade na tramitación do selo de calidade. A través de Internet pódese obter a información e resolver a solicitude máis axilmente e en menos tempo.

instagram facebook twitter youtube