Sustainability

Produtos de Galicia CalidadeProdutos de Galicia Calidade
Produtos de Galicia Calidade

Un Nadal de tradición e sostibilidade con Galicia Calidade

O Carabel é un eco-cesto tradicional elaborado con materiais autóctonos. Tradicionalmente este cesto se facía na casa para axudar nas tarefas diarias, como ir recoller os produtos da horta, con distintos tipos de varas e sempre cun asa central, neste caso de algodón, mantendo así a aposta polos materiais vexetais.

O artesá Carlos Rubio preséntanos este Carabel revisado, acercando o pasado aos nosos tempos sin perder as técnicas e materiais de sempre, poñendo en valor unha das moitas artesanías propias das casas Galegas. 

Icono reinterpretación
Na cestería ir dar un paseo polo monte ou cultivar permiten que teñas todo o necesario

A fabricación do Carabel é un proceso meticuloso que segue as fases naturais das fibras vexetais:

  • Recollida: realízase no 4º menguante da lúa de xaneiro, cando as árbores están en estado vexetativo, xa que a savia da árbore baixa e isto permite que o material sexa máis flexible e non teña avelaíña.
  • Secado: Un mínimo de tres meses permite estabilizar as varas para o seu uso.
  • Hidratación: Esta vai dos sete aos dez días en función do material e úsase para poder manipulala e tecela.

O resultado é un produto funcional e fermoso, fiel ás técnicas tradicionais, pero actualizadas ao noso tempo e adaptado ás necesidades de hoxe.

 
 
❚❚
 
Produtos sostibles certificados co selo de garantía Galicia Calidade

En Galicia, a calidade vai da man da tradición e o respecto polo medio ambiente, cada Carabel é un exemplo de sostibilidade e autenticidade.

Descobre os produtos certificados pola nosa marca de garantia, destacados pola súa calidade e historias de sostibilidade, que garda no seu interior:

 
 

Iniciativa promovida por Galicia Calidade para difundir hábitos de consumo sostibles en liña co Pacto Verde Europeo promovido pola Comisión Europea. Gracias ás empresas e institucións pola súa colaboración.

instagram facebook twitter youtube